Sábado 26.01.2013
| Actualizado 00.00
Hemeroteca web
|
RSS
A Cámara de Comercio de Santiago afianza a súa presenza nas redes sociais con máis de 1.300 contactos en Facebook e 220 seguidores en Twitter, desde a súa entrada en setembro de 2011.
O establecemento da marca Cámara neste tipo de canles interactivos permite establecer unha base operativa para crear novos vínculos e relacións cos asociados e os potenciais membros camerais.
Esta estratexia de comunicación complementaria permitirá unha maior conectividade entre os empresarios asociados á Cámara de Comercio, ademais de facilitar o intercambio de experiencias emprendedoras entre os viveiristas da incubadora empresarial do polígono de Costa Vella. "As redes sociais permiten á Camara de Comercio de Santiago desenvolver unha comunicación bidireccional para xerar conversas e diálogos e atender ás necesidades e consultas dos nosos asociados" –explica o responsable do Departamento de Innovación, Anselmo Díaz.
A Cámara de Comercio inclúe nos seus muros información relativa a eventos e actos da organización, cursos e xornadas de formación ou actividades de internacionalización
Por outra banda, a Cámara de Comercio de Santiago non deixa de enriquecer a súa páxina web – www.camaracompostela.com –, a súa máis poderosa carta de presentación para potenciais clientes.
O número de visitantes e visitas incrementouse progresivamente desde a creación da web, situándose nunha media mensual de 24.611 visitas en 2012 e unha media de visitantes distintos mensuais de 3.000.
Outras das ferramentas on line que emprega a Cámara de Comercio de Santiago é o boletín informativo. Realízanse envíos de comunicacións a través de correo electrónico ás persoas interesadas en recibir información sobre cursos de formación ou accións de internacionalización que programa anualmente a entidade cameral compostelá. Na actualidade, reciben o boletín máis de 3.200 inscritos.
Ademais, a web incorpora e mecanismos de xestión que están ao alcance dos seus asociados: os cobros TPV con tarxeta a través da web, a bolsa de locais comerciais, os certificados de Camerfirma, os servizos ofrecidos por Camerdata a través da Cámara de Comercio de Santiago (ficheiros de empresas, bases de datos, informes e informes de mercado xeoposicionados), ou o asesoramento sobre protección de datos.