Jueves 11.04.2013  | Actualizado 10.07 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 12 de 582 anterior siguiente Santiago te espera  |   RSS - Santiago te espera RSS

Turismo de Santiago promociona a Ruta Xacobea en Noruega

09.10.2012 
A- A+

TURISMO DE SANTIAGO participará hoxe martes en Trondheim, Noruega, nunha reunión técnica do Proxecto Certo, no que entidades de catro países promocionan conxuntamente tres Itinerarios Culturais Europeos que comparten o feito de ser rutas de peregrinación con grande influencia na Idade Media: o Camiño de Santiago, a Vía Francíxen e a Ruta de San Olaf. As entidades que participan son: Concello de Santiago, Camiños de Europa (Parma), Asociación Europea da Vía Francíxena (Fidenza), Centro Nacional de Peregrinaxe da Ruta de San Olaf (Trondheim), e Instituto Europeo de Itinerarios Culturais (Luxemburgo).

O proxecto Certo ten un orzamento de 166.000 euros, financiado pola Unión Europea. Nas actividades de promoción inclúense presstrips ou viaxes de xornalistas para que coñezan os distintos camiños, presenza conxunta en feiras e distintos foros de turismo para profesionais, presentacións en destino, programas para compartir experiencias e coñecementos...

Dentro deste proxecto, Turismo de Santiago ten promocionado xa a cidade en Parma en abril deste ano, dentro da presentación xenérica do programa que tivo lugar nesta cidade italiana. Ademais, no pasado mes de agosto recibiu a visita da alcaldesa de Trondheim, Rita Ottervik, quen estivo na cidade acompañada dunha ampla delegación da cidade norueguesa para coñecer Santiago e as estratexias de promoción que se desenvolven.

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.santiagoteespera.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad