Domingo 14.10.2012  | Actualizado 20.27 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Noticia 160 de 569 anterior siguiente Santiago te espera  |   RSS - Santiago te espera RSS

Os retábulos da capela de As Ánimas, exemplo de restauración

O proceso que foi financiado polo Consorcio da Cidade de Santiago nun programa de investimento, o longo de catro anos, permitiu a recuperación deste impresionante e único conxunto artístico

16.04.2012 
A- A+

A Asociación Profesional da Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (CRG) organizou unha visita os recentemente restaurados retábulos da capela xeral das Ánimas en Santiago.

O acto, solicitado polo grupo de pastoral do Colegio de la Inmaculada de Santiago encádrase dentro das iniciativas que está levando a cabo a CRG para difundir o traballo dos seus asociados e dar a coñecer as peculiaridades da labor dos conservadores restauradores.

O encontro foi na capela das Ánimas e nel expoñéronse os resultados dos estudios realizados para elaborar o proxecto de intervención e describíronse os traballos para a conservación da obra.

O proceso que foi financiado polo Consorcio da Cidade de Santiago nun programa de investimento, o longo de catro anos, permitiu a recuperación deste impresionante e único conxunto artístico.

A visita correu a cargo da autora do proxecto para a intervención, Ángeles Fernández Santiago e tivo unha duración de unha hora e media.

A capela xeral de As Ánimas de Santiago alberga no seu interior nove retablos realizados en estuco de xeso, algo insólito no norte da Península Ibérica, que representan diferentes escenas da paixón, morte e resurrección de Xesucristo.

Foron realizados entre 1805 e 1814 por Manuel de Prado e a tradición conta que moitos dos rostros representados foron sacados de veciños santiagueses da época.

 

DESPERFECTOS. O paso do tempo foi deteriorando os retablos, que perderon a maior parte da policromía e sufrindo desperfectos e mutilacións nas figuras. A suciedade e as humidades tamén contribuíron ao seu deterioro polo que durante moitos anos o conxunto escultórico presentaba unha apariencia grisácea e de abandono.

. O paso do tempo foi deteriorando os retablos, que perderon a maior parte da policromía e sufrindo desperfectos e mutilacións nas figuras. A suciedade e as humidades tamén contribuíron ao seu deterioro polo que durante moitos anos o conxunto escultórico presentaba unha apariencia grisácea e de abandono.

En 2006, o Consorcio de Santiago decidiu proceder á súa recuperación integral, axudando así a devolver o seu aspecto orixinal ao mellor exemplo de neoclasicismo en Santiago. Dous anos e medio de estudo e traballo serviron de base de actuación para o conxunto artístico.

Nese tempo o Consorcio asinou un convenio de colaboración co Opificio delle Pietre Dure (OPD) de Florencia e creou un obradoiro de formación para restauradores conservadores, o que permitíu coñecer as dificultades técnicas que encerra a elaboración do estuco de xexo.

 

O ESTUCO. Os técnicos da OPD centraron a atención no problema de consolidación do estuco. Das conclusións obtidas en colaboración co OPD desenvolveuse un primeiro proxecto para a intervención sobre dous retábulos, de tal xeito que éstes serviran de mostra para a elaboración do proxecto definitivo dos sete restantes retábulos da capela de As Ánimas.

. Os técnicos da OPD centraron a atención no problema de consolidación do estuco. Das conclusións obtidas en colaboración co OPD desenvolveuse un primeiro proxecto para a intervención sobre dous retábulos, de tal xeito que éstes serviran de mostra para a elaboración do proxecto definitivo dos sete restantes retábulos da capela de As Ánimas.

Precisamente en abril de 2009, o Consorcio de Santiago presentaba ao público a espectacular recuperación do primeiro dos retábulos, o da Caída. A partir de aí procedeuse á restauración dos restantes retablos da capela.

En paralelo puxéronse en marcha obras de consolidación e eliminación de humidades no exterior da capela.

Tamén procedeuse a limpar o grupo escultórico que preside a fachada exterior da igrexa e que representas ás almas no lume do purgatorio, que permitiu recuperar os seus cores orixinais.

Por último instalouse un sistema novo de iluminación, que realza os detalles dos retablos.

 

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.santiagoteespera.com no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad