Sábado 12.05.2012  | Actualizado 00.00      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

El Correo Gallego Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
[Noticia 23 de 444] anterior siguiente Santiago te espera  |  RSS - Santiago te espera RSS

Neira Vilas firma hoxe exemplares de ‘100 anos do himno de Galicia’

30.04.2012 

0.0/5 [0 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Situación: Alameda

Horario: Feira do Libro. A partir das 19.00 horas

Numeroso público aproveitou para visitar as instalacións da Feira do Libro compostelá durante a fin de semana
Numeroso público aproveitou para visitar as instalacións da Feira do Libro compostelá durante a fin de semana

A XXXI Feira do Libro de Santiago vivirá hoxe, luns, a súa terceira xornada. O principal atractivo foi a presencia do escritor Xosé Neira Vilas que, a partir das 19.00 horas, firmará exemplares da súa última obra 100 anos do himno de Galicia. Trátase dun ensaio publicado por Edicións Embora que amosa as mil conexións entre Galicia, Cuba e a música. Nese cruce de estradas aparece Ferrol, como berce de Xosé Fontenla Leal (impulsor do Himno Galego) e como novo punto de partida para a difusión deste traballo. O ensaio de Neira Vilas naceu a partir dunha serie de artigos que publicou en EL CORREO GALLEGO.

Pouco despois, ás 20.00 horas, presentarase A praza é nosa, ¿quen constrúe a democracia?, coa intervención do coordinador Marcos Pérez e o editor Antón Lado.

Por outra banda, a Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso presentará desde as 18.30 horas o seu programa Festiletras. Participarán neste acto o propio Neira Vilas, o alcalde de Ponteceso e presidente da fundación, José Luis Fondo, e Uxía Blanco. Ó remate das intervencións chegará a actuación do grupo Cultura Activa e da cantante Alba Costa. Mañá, martes, ás sete da tarde, Fran Zabaleta presentará a súa obra Medievalario, e Juan Sacha Full o seu libro O meu pai comía botóns. O mércores, Martiño Noriega presentará o seu ensaio Por un común denominador. A esquerda da nación, de 2.0.

 

ÁNXEL CASAL. A biblioteca pública de Santiago Ánxel Casal estará, por cortesía da Federación de Libreiros, durante toda a semana presente na Feira do Libro de Santiago.

Os composteláns poderán achegarse á caseta número catorce para coñecer a colección da biblioteca a través dunha pequena representación dos seus fondos constituída por libros, revistas, audiovisuais, portátiles e lectores electrónicos. O público terá a oportunidade de consultar estos materiais e obter información sobre os servizos a domicilio e actividades que leva a cabo o centro, así como clubes de lectura ou consulta de internet.

A biblioteca compostelá desexa así saír ó encontro dos cidadáns fóra das súas instalacións habituais, ó tempo que comparte un mesmo espazo cos libreiros, aos que agradece a súa invitación para participar neste foro e a súa estreita colaboración ó longo de todos estes anos.

local@elcorreogallego.es

Numeroso público aproveitou para visitar as instalacións da Feira do Libro compostelá durante a fin de semana

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad