Jueves 23.08.2012
| Actualizado 00.00
Hemeroteca web
|
RSS
Os días 19 e 20 de xullo, o Pavillón Multiusos Fontes do Sar acollerá por segundo ano consecutivo a Feira Internacional de Emprego de Santiago (FIE), un evento impulsado dende a Axencia Local de Colocación. Nesta segunda edición, que supón unha continuidade do proxecto emprendido en 2011 pola Concellaría de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego do Concello de Santiago para dinamizar o mercado laboral da cidade, hai xa confirmada a asistencia dun total de 33 empresas, pertencentes a sectores tan diversos como a consultaría, a informática, a formación, a hostalería ou o ámbito comercial.
O número total de ofertas presentadas a data de hoxe ascende a un total de 178. Destas, 63 postos corresponden a labores comerciais (incluíndo xefe de zona; xefe de sector; asesor comercial e teleoperadores); 26 están relacionados co sector da hostalería (camareiros; camareiros de andares e cociñeiros), 25 son postos para traballos de supermercado, un total de 23 pertencen ao ámbito da formación (incluíndo profesorado para diversas materias e técnicos formadores), 12 para consultaría (consultores; inspectores de seguros), 6 operarios de limpeza, outros 6 postos relacionados coa informática, 6 técnicos de mantemento, 3 traballadores para os salóns recreativos, 2 postos de perruqueiros, 2 licenciados en medicina, 2 avogados, 1 monitor deportivo e 1 operario en yinturería/costura.
En canto á localización dos postos de traballo cabe destacar que a gran maioría (en concreto 106 postos) corresponden ao núcleo urbano de Santiago. Na zona periférica de Compostela sitúanse 12 postos, mentres que o resto da oferta se reparte por diversos lugares da xeografía galega.
O prazo para enviar o currículo e participar nos procesos de selección remata o 13 de xullo. A inscrición, gratuíta, realízase de xeito rápido e sinxelo a través da páxina web da II FIE. Unha vez inscritos, os usuarios poden enviar os seus CV ás ofertas que lles interesen.