Lunes 02.07.2012
| Actualizado 12.02
Hemeroteca web
|
RSS
O alcalde de Pisa, Marco Filispeschi, recibiu onte á concelleira de Turismo, Reyes Leis, quen asiste ao Congreso Cattedrali europee. Conservazione programmata, no que diferentes expertos internacionais debatirán acerca dos procesos de rehabilitación nas catedrales europeas.
Na entrevista co alcalde, Reyes Leis amosoulle o interese de Santiago en profundizar nos lazos que unen a ambas cidades, priorizando a colaboración futura en accións de promoción turística. Marco Filispechi, acompañado de representantes da vida pública da cidade italiana, visitou Santiago no ano 2010. Na súa intervención lembrou os vínculos históricos que unen ambas cidades, destacando as viaxes que Santa Bona programou de Pisa a Compostela como peregrina e como pioneira dun costume que permanece no tempo.
No congreso participa a coordinadora científica do Programa Catedral de Santiago, Concepción Cirujano Gutiérrez. O programa, financiado pola Fundación Barrié, supón a intervención de maior relevancia realizada ata o momento na basílica e contempla o desenvolvemento dos proxectos de conservación preventiva e restauración do Pórtico da Gloria e o seu entorno e das pinturas.
Ademáis, proxectouse o vídeo promocional de Turismo de Santiago, Santiago é Grande, onde hai diferentes planos da Catedral, un deles grabado no seu interior cunha cámara, e un vídeo da Fundación Barrié, que describe o proceso de rehabilitación da Catedral. Ademáis, distribuiuse o folleto da Catedral, que dende xaneiro se pode adquirir en sete idiomas na oficina de información turística, e que sintetiza a información máis relevante sobre a basílica.
Italia é un dos principais mercados estratéxicos para Santiago. É o terceiro país con maior número de peregrinos, tras España e Alemaña. Tamén é o único país con dúas conexións aéreas directas, con Milán e Venecia. Por estes motivos, Turismo de Santiago está reforzando a súa promoción neste mercado.
Neste ano a empresa municipal participou na BIT Milán, a maior feira turística do país, organizou un presstrip de xornalistas venecianos en colaboración Volotea y Asociación Hostelería Compostela. Tamén participou en Parma na presentación do programa Certo, para a promoción conxunta do Camiño de Santiago, a Vía Francíxena e a Ruta de San Olaf. E en Roma fíxose unha presentación no Instituto Cervantes e un Porta a Porta con touroperadores coa colaboración de Turespaña.