Jueves 22.11.2012
| Actualizado 01.45
Hemeroteca web
|
RSS
A empresa compostelana de mobles e decoración Nobel, centra a súa actividade á venta desde todo tipo de moble ata os aspectos decorativos da vivenda, como son as alfombras, cortinas, iluminación... En fin, ocúpase da decoración integral de calquera espazo das vivendas.
En canto ós materiais e produtos utilizados, Nobel traballa coas mellores marcas de recoñecido prestixio tanto a nivel nacional como internacional (Italia, Francia, etc.).
Asesoramento. Paula Sánchez, xerente de Nobel, apunta que "asesoramos de xeito gratuito ós nosos clientes, en canto nos solicitan a decoración dunha vivenda o de un sos seus espazos. Despois de coñecer o que o cliente quere, desarrollamos un proxecto, sin ningún tipo de compromiso, no cal se poden facer os cambios que desexen".
Polo que atinxe á súa clientela, estes están ao longo de toda a comunidade galega, "e alá donde nos chamen", contando para iso con instaladores e montadores propios, de xeito totalmente gratuito. Aparte deste persoal de instalación, o resto do persoal está formado por tres persoas, que son a xerente e dúas interioristas.
A tenda abríu as súas portas hai xa 20 anos, na zona de Concheiros, en Santiago, e desde hai 16 anos están na súa ubicación actual, na Rúa da Rosa, número 23, tamén en Santiago.
Atención. Unha das principais e máis importantes premisas de Nobel é a atención ó cliente: "Para nós é algo importantísimo e primordial a atención ó cliente. A nosa intención é que todo aquel que entre na nosa tenda saia daquí cun sorriso na boca, independentemente que compre ou no. Dentro dese trato tamén inflúe o resultado final: que quede totalmente satisfeito da compra realizada, e tamén cando sexa necesario solucionar calquera incidencia na súa adquisición", afirma Sánchez.
Engade a responsable da tenda que "a xente xa ten bastantes preocupacións, debido a esta crise, polo que é necesario e moi importante que quede contenta. Por iso, en Nobel non regateamos esforzos para que todo o mundo quede satisfeito da nosa tarefa. E así seguiremos".
En canto á crise, opina Paula Sánchez, que "todos sabemos cal é a situación, pero hai que ser positivos. Nós estamos seguros de sair adiante, xa que ilusión e traballo para conseguilo non nos faltan. Queremos facelo extensible a todos os nosos clientes".